Análise e proposta de categorización da narrativa galega contemporánea: levantamento de hipóteses sobre unha sondaxe da produción editorial de 2000 a 2019

[Resumo] Este traballo é unha tentativa de categorización da narrativa contemporánea galega através da produción das editoras Xerais, Galaxia e Urco na franxa do 2000 até 2019. O punto de partida foi o volume de Cartografías da narrativa galega contemporánea onde o seu autor, Xaquín Ñúñez Sabarís, analiza a produtividade das categorías do thriller xacobeo, a narcoficción e o romance negro, onde anticipa que estes temas presentan unha rendibilidade non só na narrativa senón tamén nas plataformas audiovisuais. Así, fixemos un levantamento de información co propósito de facer unha sondaxe da narr... Mehr ...

Verfasser: Cotelo Mouriz, Xosé Manuel
Dokumenttyp: bachelorThesis
Erscheinungsdatum: 2021
Schlagwörter: Narrativa galega contemporánea / Produción editorial galega / Editorial Galaxia / Edicións Xerais / Urco Editora / Núñez Sabarís / Xaquín / Xénero na literatura
Sprache: Galician
Permalink: https://search.fid-benelux.de/Record/base-26876226
Datenquelle: BASE; Originalkatalog
Powered By: BASE
Link(s) : http://hdl.handle.net/2183/29733

[Resumo] Este traballo é unha tentativa de categorización da narrativa contemporánea galega através da produción das editoras Xerais, Galaxia e Urco na franxa do 2000 até 2019. O punto de partida foi o volume de Cartografías da narrativa galega contemporánea onde o seu autor, Xaquín Ñúñez Sabarís, analiza a produtividade das categorías do thriller xacobeo, a narcoficción e o romance negro, onde anticipa que estes temas presentan unha rendibilidade non só na narrativa senón tamén nas plataformas audiovisuais. Así, fixemos un levantamento de información co propósito de facer unha sondaxe da narrativa contemporánea para verificarmos a produtividade das categorías sinaladas e introducirmos novas etiquetas se for o caso. En segundo lugar, xeramos información relativa ao campo editorial galego que cremos que será frutífera en posíbeis traballos futuros. As editoras que conformaron a nosa análise destacan por seguir unhas estratexias de mercado definidas ao buscar unhas liñas de produción concretas que lles permiten ser as referencias nalgúns dos xéneros que publican: Xerais eríxese como a entidade que máis produción alberga, sobre todo destinada a aqueles romances clasificados segundo a súa temática en “aventuras” alén de concentrar unha grande cantidade de libros no xénero infanto-xuvenil. Galaxia tamén mostra unha grande produción de títulos, mais inferior a Xerais dos cales verificamos unha proporción considerábel de volumes pertencentes á tradición sendo a etiqueta de “ruralismo e emigración” a máis destacada. Por contra, Urco é a editora que presenta a menor produción en relación a Galaxia e Xerais, mais destina case todo o seu catálogo ao campo da tradución, especialmente, a categoría de “fantasía e do terror”, onde tamén advertimos como esta editora aposta por clásicos da narrativa anglosaxoa xa que entre os autores que máis publican no seu catálogo a maioría son autorías do mundo anglófono. Por último, advertimos que as categorías mencionadas por Xaquín Ñúñez Sabarís teñen unha incidencia discreta na produción ...